03-2-2011

decimas de casota


dentro de este movimiento

otro paso otro peldaño
la casota cumple un año
en este golpeado tiempo
las consignas mueve el viento
de vuestras gargantas rotas
de oaxaca a la parota
entre oventik y texcoco
todo este esfuerzo es poco
en la lucha ay casota

noviembre 2009

el movimiento la lucha
ay que tiempo dos mil seis
ay perdido dos mil diez
apretadas las cachuchas
vuestro corazón que escucha
tantas cosas que suceden
entre familias y redes
me dicen que la casota
con vocal va un poco rota
quienes componer la pueden ?

poncho febrero 2011


03-2-2011

festa na comunidade


e houbo festa pois

a comunidade e os seus invitados
os discursos o teatro as bandas
o tempo cambiante o noso tempo
as danzas os poemas os regalos
a radio e os recoñecementos

e a festa chegou á noite
a musica e o baile
as mans que se agarran
os pes como xogando
un corpo enfrente do outro
cada un vai para a sua esquerda
unha volta e outro xiro
e xa voltan os ollos
a estar frente a frente
a festa e o baile
a trenza e o bigote
as mans os corpos 
entrelazados


03-2-2011

a lua e a llorona



hoxe outro velliño
desgarrado no camion
cantaba la llorona

o mosaico da praza
sinala os catro
ponto cardinais

ai con esta lua nova
morre o ano do tigre
nace o ciclo da gata

na praza dos pintores
no meu caderno haikus
imaxes de palabras

porque cambia a lua
porque chora la llorona
porque fago preguntas

03-2-2011

a ceiba comunidade e selva


a ceiba é unha arbore sagrada
solitaria arbore no bosque ou na comunidade
a ceiba igual que o pochote medra con espiñas
que logo perderá cando sexa grande



a ceiba ou parota é unha arbore sagrada
sagrada é a selva e as suas formas
o amate o mono araña o tucán o quetzal
abaixo o tapir o jaguar e todo o circulo

e no medio dalgunha selva a cidade abandonada
as pedras das construccions son devoltas á terra
cos seus misterios e memorias

sagrada é a selva e as  suas formas
o rio o vento o cerro e as xentes da selva
e outra vez a ceiba ou yasté
a vella ceiba principio ou final do camiño

os monos arañas aventaronnos paus
ao quetzal e ao tucán oimolos
e atopamos e recollimos as suas plumas
do tapir vimos as suas pegadas
pero o enigmatico jaguar...
a ceiba comunidade e selva

lembranzas de toniná bolon
e chimalapas  publicado
en a milpa e o paliacate 09
e agora con algun verso mais

02-2-2011

envolvente selva


unha erva

envolvente
como a sua selva
verde sempre verde

ai esta selva
acosada polos homes
ai este verde
que se rompe rompe

chiapas-oaxaca

imaxe de bolon ajaw
de carles dinamicando


02-2-2011

plural mercado

mediano plural mercado
e non hai moita luz
e menos quixera ter eu
pechar os ollos e camiñar
polos seus pasillos e oler



a guayaba é a froita
que ten o olor mais forte
as papayas os platanitos
os primeiros chico zapotes

o chocolate recen moido
con panela amendoas  e canela
os cafés e as ervas de infusions

camiñar cos ollos pechados
as tortillas os totopos as tlayudas
memelitas e tamales recen feitos

os cacahuates tostados
os queixos e os quesillos
as salsas e os moles

pero tamen o fedor do chan
a miseria e a riqueza outra vez
camiñando xuntas en oaxaca

e os chiles ai os chiles
neste plural mercado
variados e miles de chiles

01-2-2011

de pardais e calandrias

                                          a andrea noé e gabi



en una jaula de oro    pendiente de un balcón

se hallaba una calandria    cantando su dolor
hasta que un gorrioncillo   a su jaula llegó
si usted puede sacarme   con usted yo me voy

canta un vello de cabelos brancos
e recortado bigote da mesma cor
nun camion bus urbano de oaxaca
que pasa á beira do penal de ixcotel

y el pobre gorrioncillo    de ella se enamoró
y el pobre como pudo   los alambres rompió
y la ingrata calandria   después que la sacó
cuando se vio libre    voló voló y voló

esta cancion lembro que tamen a cantaba
a miña nai cando eu era un cativo
e nos campos e nos cables eu ollaba os pardais
pero non sabia como eran as calandrias

el pobre gorrioncillo   todavía la siguió
pa ver si le cumplía   lo que le prometió
la malvada calandria    esto le contestó
a usted no lo conozco    ni presa he sido yo

o vello suda baixo a sua gorra gringa
agarrado a barra do bus que esquiva os baches
e o vello alterna os versos coa sua armonica
e vira a cabeza cara atras e cara adiante

y triste el gorrioncillo   despues se regresó
sentado en un manzano   lloró lloró y lloró
y ahora en esa jaula   pendiente del balcón
se encuentra el gorrioncillo    cantando su pasión

remata a cancion da calandria e o gorrioncillo
e amablemente o vello pide un apoio
mentres eu penso nas calandrias e pardais
presas e presos dos movimentos

..........

dous anos despois deste poema
os musicos seguen a subir aos camions
pero non me atopei ao entrañable velliño
e onte por terras de etla logo das platicas
dos viaxeiros amigos e dos presos
dos queixos os chocolates e os freixos
cos compas entre a arbore do pipe
ollamos unha pequena calandria...


01-2-2011

muros e mais muros


cando dous veciños

non se entenden
e comparten unha extrema
en oaxaca en chiapas
na galiza en tunez
cada un fai un muro ou parede
para a sua finca ou casa

e fora destes muros segue
un mundo mais grande
con mais conflictos
mais guerras e revoltas
e parece que os mortos
de tunez e de exipto
importan moi pouco

o muro do noso norte
que non deixa ver
e sentir o sur




01-2-2011

pechada casona


a casona está pechada

pechado está o seu patio
pregunto na casa da esquina
e dinme que se foron
pero non saben para onde



é pola mañan
e o pochote ainda está pechado
e sigo o meu camiñar
de casonas patios e memorias

os cuartos antes cheos
de artesanias de barro e textiles
e a fonte de pedra do patio
na que en tempos manaba auga
e que eu lembro xa seca
estarán agora mais tristes
sen a vidiña dos visitantes

o piñeiro e a palmeira que se erguen
sobre o patio varios metros
pero a casona está pechada e triste
quien sabe donde se fueron

31-1-2011

sete estampas


tarde calida oaxaca

envolveme outra vez
o vai ven da hamaca

as arbores no solpor
enchense de paxaros
cada un o máis cantor

o centro e toda a cidade
parece que é patrimonio
da miseria e da humanidade

na rua cativas e chamacos
distintas culturas e linguas
xoga a gringa co oaxaco

sobre o val esta terraza
as pombas están en celo
eu escribo a veciña lava

unha tonada un romance
as cancions  acompañan
para que un avance

envolto pau da luz
parece que se vai
botar a voar

Distribuir contido