08-1-2011

pablo e o bosque


a pablo coñecino

en febreiro do dous mil cinco
mentres facia o seu traballo voluntario
polas comunidades e a organizacion
indixena zapoteca labrego e carpinteiro
orgulloso da sua cultura e do seu bosque
de s isidro aloapam oeste da serra norte



pablo é preso politico
como outros compañeiros
desde agosto deste ano
por defender pacificamente o bosque
o ultimo bosque case virxe
das suas apartadas e secas montañas

a pablo visiteino no penal de etla
falamos mui serios pero tamen fomos
capaces de botar algunhas risas
demasiado lonxe da sua familia
da sua comunidade
e do seu bosque

o bosque de encinos
sabugos bejucos e piñeiros
o bosque os cerros e a comunidade
o venado o tlacuache o puma o bosque


07-1-2011

o vagon e a nena


a abandonada

estacion do ferrocarril
encheuse de formas artisticas
os murais camiñan da man
da musica do son jarocho
que co teatro atopou tarima
na bodega ou almacen

o edificio central
é o museo do ferrocarril
nun vagón hai exposicions
de pintutas e fotografia
nunha casota
hai un taller de xerigrafia
e noutro vagón abriron
unha biblioteca infantil
tremenda travesia

pero a nena pintada
no vagon abandonado
olla para atrás
as formas de vida
que perdimos
e xa non volven

07-1-2011

amigo ferrocarril


que te hicieron que pasó

amigo ferrocarril
tantos años de topil
y ya todo se acabó
el gobierno dijo no
y pararon tus vagones
sus verdaderas razones
vendernos sin fundamento
al petroleo y al cemento
que no tienen corazones

dicen en su inventario
que ganancia dabas poca
esta vida sigue loca
otro golpe al vecindario
transporte comunitario
no es bueno pal progreso
y ya siguen con sus excesos
con sus grandes carreteras
por el valle y por la sierra
cuanta vida en retroceso

poncho robles

06-1-2011

de los caminos juglar


el sombrero campesino paliacate y un morral

el hombre con la guitarra y a cantar

andres contreras le llaman de los caminos juglar
las historias en los pueblos quedarán

la camisa bien curtida
entre sol y temporal
el tiempo de la guitarra
caminar



solitario guitarrero lleno de comunidad
a ella lleva en las cuerdas y a cantar

el recitado y el canto la palabra y la amistad
y sencillo se despide  volverá

la memoria bien curtida
entre el cerro y la ciudad
el corrido en otras voces
crecerá

andres contreras le llaman
de los caminos
juglar

diego minas


06-1-2011

as mans e o sangue


na vila da arbore de el tule

na precaria esquina da rua libertad
un mural da caciquil derechona mexicana
un texto e as mans coas cores da bandeira

as pegadas verdes e bermellas
dunhas mans excesivamente grandes
copia das chiquitas mans neozapatistas
magonistas e de grupos de apoio

pero estas mans nas paredes
das prazas e nos edificios do malgoberno
empregaban sempre o seu propio sangue
para facer as xustas denuncias



05-1-2011

parque infantil


neste colorista cilindro

dun parque infantil
dunha turistica vila
xogaban as chamacas
que non quixen
nen debin retratar

entre risas sairon
do colorista cilindro
e a miña camara
xogou coa imaxe
que cecais elas
cando se arrastren
perciban ou non

05-1-2011

entre chelas e mezcal

a medio dia na cidade
calquera dia do ano coma hoxe
é doado atopar a oaxaqueños
tirados nos parques
ou nas banquetas ou beira ruas

logo de unha longa noite de alcool
e ninguen se vai parar con eles
case ninguen lle da importancia



entre chelas e mezcal
hai muitos grupos
de alcoolicos anonimos
e as veces camiñando pola rua
pola xanela aberta saen
as voces das suas tertulias
entre chelas e mezcal
tamen muita violencia machista

e o movimento de oaxaca
tamen camiña ás veces
entre cerbexas  e mezcal


05-1-2011

pes de muller


pes de muller

zapoteca de yagila
sentada nas bancadas
cos pes colgando
relaxados na festa
os mesmos pes
que foron por leña ao monte
que amasaron o millo no metate
que fixeron os frijoles e as tortillas
que as levaron para a mesa do convivio
…..
os mesmos pes
que logo coa banda de metais
se botarán a bailar


04-1-2011

envolvente cantiga


aqui noite e aí mencer

o cafe a trova e os poetas
voz guitarras percusion
ai cantan lagrimas negras

son lagrimas de saudade
e as miñas que van mui dentro
transformandose en palabras
unhas rimas cos seus versos

envolventes espirais
o teu metal no meu pulso
nun coiro con varias vidas
con memoria e con futuro

a papaya deste patio
é noviña e vai medrando
asi vai a nosa historia
na distancia tan cercanos



04-1-2011

a ferida


desde a vila de el tule
desde este altiplano
ollo para o cerro

e ten un gran corte
a terra está ferida
e nos con ela
a sociedade ida
moi ida


Distribuir contido