28-12-2010

palabra de yagila


sierra norte zapoteca comunidad de yagila

los zopilotes planean sobre los pinos y milpas
las palabras en el aire  la radio habla una niña

una estela del pasado con su memoria escondida
el arbol del algodón los chayotes y las guias
las mazorcas a secar  sabor de las tortillas

palabra en el aire
mensaje que vuela
raices del pueblo
la voz de la sierra

la cascada de josáa y el agua que baja limpia
el tule pa los petates  y el chingre es la bebida
y la fiesta que se anuncia  tambor y chirimías

ay cerro del pajarito en la sierra cuanta vida
la radio comunitaria que está dejando semilla
en las casas de lxs compas  los ojos de una chiquita

palabra en el aire
raices del pueblo
mensajes que vuelan
la voz de los cerros

diego minas

25-12-2010

noiteboa para quen?

a noiteboa é a planta
a flor do nadal oaxaqueño
vendense por miles
e outras tantas hai nos xardins
co seu testo de plastico mal tapado



darredor do mercado
novos postos venden
venden anacos de natureza
mofo variadas ervas do monte
orquideas e outras escasas flores
para o tradicinal nacemento

son pobres indixenas e mestizos
que venden as suas raices
parte do pouco que queda
do seu paraiso

nesta plazuela
na que agora escribo
algun tamen está a vender
anacos do outro posible
paraiso do que non hai probas

24-12-2010

dragonciños de zimatlán


zimatlan valles centrales

o sol correu o frio e xa apreta
busco perto da porta do mercado
a amable abuelita que en marzo
me fixo unhas memelas e que me dixo
que non me esquecera de voltar por ali

hoxe toca un mole con arroz e frijol
e comparto a esquina da mesa
cunha nena e un chamaco
que deben ser os netos da señora
fagolles algunha pregunta
mentres fago as dobreces nun papel
e un dragonciño xa está a voar

-que es ?
-es una garza
-y que le vas a dar de comer ?
ela  ri i pensa
-que comen las garzas ?
-gusanitos …..
y me los va a hacer de papel ?
        ..........
-y usted de donde viene ?
-del otro lado del mar
-de la selva ?
      .......
-es usted santa claus ?
-porque me dices eso ?
-porque hace regalitos

    

24-12-2010

atravesada vida

na memoria de marcos huesos



a nosa cidade
está a beira do mar
pero a ti faltabache o aire

a travesia da cidade a montaña
atravesou a tua vida tantas veces
atravesouna


na distancia a dor
compartida coa tua sombra
e neste café de bohemios
as compañeiras falan e beben
mentres eu te escribo
no meu caderno de viaxe
sobre a tua viaxe compañeiro

mañan subirei a serra
e de lonxe ollarei para os cumes
aqueles polos que me preguntaras
que por eles tamen andará
a tua atravesada memoria


manolo pipas
cidade de oaxaca


24-12-2010

insubmiso inadaptado


tan sinxelo

como extraño
unha cara menos
que veremos
 
o 'como'... importante?
ainda non sabemos
pouco importa realmente
pois todas abondo 'sabiamos'
 
cecais
deisouse morrer
cecais
tamen deixamos
 
maís nova sangue que alimenta
a esta sordida sociedade
fora do tempo pactado?
 
insubmiso e inadaptado
compañeiro de ambular perdido
agardemos que atope
o final descanso
as súas cinzas esparciranse
polo monte galiñeiro
 
outra máis a quen estrañaremos
saudos marcos,
saudos huesos,
véremonos

  j.
 
23-12-2010

lembranza de teotihuacan

unha pedra enriba doutra sitio de teotihuacán
das piramides dos astros ate o mais pequeno altar
deidades do sol e da lua
a culebra e o nopal



o coyote e o lagarto a mazorca e o jaguar
son as formas que definen o mundo teotihuacan
o lume o vento e a chuvia
que nos seguen a guiar

os monos e os caracois volvoretas e quetzal
as ceramicas e as pedras os estucos e os murais
esa mascara de jade
parece que vai falar

as piramides imitan
a montaña e o volcan
nun altar teotihuacano
unha ofrenda vexetal
acendo o meu braserito
vai a limpa do copal

lembranza da visita
hai oito dias


23-12-2010

memoria de acteal


acteal é lembrado en oaxaca

trece anos da masacre de acteal
poboacion de desprazados tzotziles
proximos aos zapatistas
nas montañas dos altos de chiapas
coarente cinco persoas
asasinadas nunha igrexa
por  gobernistas paramilitares



alguns dos autores da masacre
pasaron algun tempo en prision
pero foron liverados logo
e os que deron a orde de matar
seguen sen ser xulgados

en oaxaca no centro historico
un evento por acteal
e de apoio as comunidades zapatistas
manifestos musica e teatro
pola memoria e a xustiza en chiapas



22-12-2010

nenas e nenos da rua


a rua de dia e de noite

nenos e nenas viven moitas horas nela
e de xeitos diversos se gañan
o dereito a vivir nesas ruas
e as veces nelas durmen e cecais soñan



as nenas da rua comen pouco
os nenos da rua con moito golpes
os nenos da rua viven pouco
as nenas da rua morren moito
un pouquiño cada dia e cada noite

o seu traballo
os seus ollos as suas mans
os seus xogos e o seu traballo
e como son e non son
os mesmos ollos e as mesmas mans

para os nenos da rua
non se pechan as portas
porque na rua portas non hai

que soñan na rua os nenos
e as nenas da rua
que soñan que soñan
q u e   s o ñ a n   q u e   s o ñ a n

ruas de oaxaca

22-12-2010

las musicas en las calles


oaxaca triste y contenta

la musica está en las calles
la marimba unos metales
y un ciego que va a tientas
canta y toca la trompeta
desgarrado con pasión
la niña al acordeón
acompaña unas rancheras
y ya van las jaraneras
las decimas y el cajón



los bailes y las canciones
oaxaca en la tarde noche
el verso tambien reproche
de gastados corazones
unos pesos tu ya pones
en la jícara o sombrero
los musicos compañeros
te regalan su sonrisa
la niña se va con prisa
que vive debajo el cerro

oaxaca triste y contenta
ya pasaron unos dias
y siguen las melodias
pero dentro de otras fiestas
las luces en la floresta
ya llega la navidad
la alegria la bondad
nochesbuenas malas noches
el consumo el derroche
fe y mentira en hermandad

poncho robles

oaxaca patrimonio de la humanidad
pero no de las culturas indigenas

21-12-2010

a informatica e o portaliño

informatica
o mundo da informatica
seica da informacion automatica
e pouca formacion pois
e menos mal que non hai formacion automatica

e informatica ven de informar supoño
pero se o sufixo in é sobre todo negativo
informar tamen é cambiar a forma real das cousas
como enganar ou mentir pois

seguimos como xogando coas palabras
pasanme un documento de texto unha imaxe
e un audio e non podo abrir ningun deles
algo que me pasa varias veces ao mes
porque seica non teño o programa axeitado
ou hai outra incompatibilidade
imaxinadevos ter catro ou cinco gafas distintas
para ler cada libro segundo o papel en que veña impreso!?

portal xanela sitio paxina espacio
fermosas palabras para definir algo novo
construido a partires de formas antiquisimas
como os codices mixtecos ou as estelas de jeroglificos
espacio paxina sitio xanela portal
virtul ou irreal que tamen lle chaman
e imaxinadevos que alguen da nunha tecla ou en varias
desde o chamado servidor ou algo asi
e esta xanela portal portaliño ou cancela
desaparece do universo como por arte de maxia
en todas as vosas computadoras conectadas a rede
e non queda nen unha precaria copia

alguen escribiu nunha revista de papel
non lembro se papel reciclado ou non
que se desaparecese toda a infornacion da chamada rede
so nos perderiamos un 5 % da nosa cultura
supoño que disto non hai copia en papel ou noutros formatos !
e que hai da nosa cultural oral que ainda está sen recoller ?

de case todo o que publico neste espacio
teño copia agás algunha correccion que se me pasou
pero non sei se terei ametade de textos en papel

manolo pipas
galiza-oaxaca 2010

reflexions escritas
na miña computadora portatil
a partires dunhas notas a boligrafo
nos meus cadernos de campo


Distribuir contido