17-12-2010

ofrenda de cancions e poemas

comunidade de copala
a escura casca da tua arbore
queimase nun braserito
para facer a vosa ofrenda



onte no plantón triqui
no corazon da que foi
a cidade mexica de tecnochtitlan
as nosas pequenas ofrendas
foron os poemas e as musicas

amelia escalante de ecatepec
coas suas tonadas e temas xa clasicos
de atahualpa yupanqui e violeta parra
e tanathiu do altiplano de toluca
coas suas rolas e amigas trovas
de silvio rodriguez e josé de molina
e as duas voces se xuntaron nalgun tema


eu puxen a voz dos meus poemas
e duas letras que musicou
e cantou
a compañeira amelia
cos nosos improvisados coros


graciñas compas

17-12-2010

teotihuacan do sol e da lua



de teotihuacan

mui pouco se sabe
e moitas son as suposicions
mesmo o seu nome cidade dos deuses
puxollo a ultima gran cultura de mesoamerica
os mexicas que tamen lle tiñan culto

na visita a inmensa cidade
hai centos de escolares
e tamen moitas ducias de turistas
e os indixenas vendedores ambulantes
algunhas veces preguntan en precario inglés
e que sinto nestas impresionantes construccions
sinto moitas cousas pero sobre todo aos miles
de escravos ou semiescravas que as levantaron
sinto aos moitos que morreron facendoas
e que non aparecen nas preciadas tumbas

e esta cidade puido ser conservada
porque cando chegaron os españois
xa levaba centos de anos abandonada
pero a florecente tecnochitlan dos mexicas
e as outras grandes poboacions urbanas
case todas foron derrubadas
e moitas das suas pedras ergueron
os represores templos catolicos 

no lugar onde se fan os deuses
a inmensa piramide do sol

e a un pouco mais pequena piramide da lua
o templo de quetzalcoatl a serpe emplumada
a calzada dos mortos  as prazas fundidas
o palacio de quetzalpapalotl
a fermosa ave da selva e as volvoretas
o patio dos jaguares  a procesion das aves
o templo dos caracois emplumados
a praza dos glifos

16-12-2010

cantiga por atenco



eses espellos de auga

a beira do lago atenco
a terra o millo e o vento
unha vida declarada

en texcoco en chapingo
estou con nacho de atenco
con el todos os ex-presos
que non deixan o camiño

non vendas a terra atenco
como xa fixeron outros
a memoria do texcoco
que non se marche co vento

chapingo- df


16-12-2010

atenco atenco

texcoco atenco o plantón
a loita destes labregos e da outra campaña
trouxerame aquí en maio do 2007
un ano despois da brutal represion
e nos plantons xunto aos penais de santiaguito
e o molino de las flores puiden pasar alguns
dias e noites e facer algunhas guardias
e o ano despois comencei a vistar atenco



texcoco atenco e o plantón
deixeinos en marzo deste ano
tristes na sua dura resistencia
e neste tempo pasaron moitas cousas
unhas malas e outras boas
como que os doces presos por atenco
foron liberados a finais de xuño
e foi levantado o plantón
pero a liberdade coma case sempre
non veu da man da xustiza

texcoco atenco chapingo
a chaira e as milpas do millo
e agora a aperta a nacho del valle
e nesta aperta todos os abrasos
que os meus espacios e tempos
non me darán a ocasión de dar
graciñas por todo compas

chapingo-texcoco
16-12-2010

o cerro e a gran cidade


o solpor no chamado cerro
iztapalapa coa estrela
canta memoria estas pedras
so van compartir co vento

este vento do texcoco
que quere pero non pode
limpar este aire de morte
deste mexico sen fondo

a gran cidade ai abaixo
con miserias e fantasmas
as familias non arrancan
e seguen mercando santos

ai do lume novo templo
por canto tempo apagado
e nas covas ben calados
outros fantasmas do cerro

cidade de mexico


16-12-2010

a voz de morente


enrique morente que pasou
esa voz flamenca e mestiza
dinme que se rasgou de mais

morente creador e cantaor
a voz das historias deste tempo
que mais jondo agora chegache

renovador que puideche captar
outra esencia de miguel hernandez
e do teu paisano garcia lorca

enrique morente que pasou
albaicín granada unha letania
susurra canta e tamen berra

o cronista

15-12-2010

o chac mool e a ofrenda

o chac mol é unha escultura
do tempo maya e azteca
un home no chan sentado
ten recollidas as pernas



entre as pernas e a barriga
el ten como unha bandexa
unha ofrenda nela fan
cumpren cos astros e a terra

un chac mol eu retratei
a correr nunha alameda
na cidade dos mexicas
figura de escura pedra

cando as fotos revelei
o chac mol na sua bandexa
tiña un home que ao lonxe
lia un libro como ofrenda

         
15-12-2010

o cafe o jarocho e o catalán


o café do evento por copala
era veracruzano de cuatepec
o cerro das culebras
e no frio da noite nas platicas
no ultimo café un jarocho chilango
algo me di do meu catalán

so un dia neste pais que chaman mexico
e xa me chamaron catalán pues
algo que xa me pasou varias veces
nas ultimas viaxes en oaxaca e chiapas
e basco chamaronme unha vez soa
como hai muitos mais catalans que galegos
e como saben que temos outra lingua
ben distinta ao castelan
por ai ven a confusion pois
e digolle ao compa jarocho chilango
que é como se eu lle chamase
mixteco a un tojolabal ou algo asi
pero non hai bronca
que todos somos compas

planton zocalo

14-12-2010

plantón por copala


á beira do zocalo da capital
hai un novo plantón da resistencia
perto da irman rua de guatemala
hai un campamento permanente triqui
desde o mes de abril difundindo e denunciando
as agresions ao municipio autonomo de copala
planton instalado logo do asasinato
da oaxaqueña bety cariño e o finés yiri jaakola

este espacio coas suas pancartas de denuncia
postos con roupas e artesanias indixenas e mestizas
libros discos documentais e postais da loita
e a outra campaña puxo os tacos e o café

os bermellos huipiles da cultura triqui
aquí plantados moven as consciencias

este sabado 12 no campamento houbo un evento
politico cultural de apoio e denuncia por copala
unha declamacion de poemas un manifesto
e os instrumentais cantos danzas e relatos
andinos do grupo pariendo dignidad
nunha cana unha muller porta duas bandeiras
unha tea adina multicolor e o estandarte mexica
a danza agora nunha roda arrastra ao publico
paranse nun circulo algunhas voces falan
portando as duas estampas indixenas

ao final as teas no medio do circulo
e todas as mans esquerdas agarran a cana
o brazo que está mais perto do corazón

manolo pipas

na ilustracion unha nena triqui
camiña soa nos eventos da digna rabia
la otra campaña cidade de mexico 12-08



14-12-2010

novas envolventes palabras


envolventes as palabras
dez meses despois de botar a andar
está a mudar a sua presentacion
a imaxe de cabeceira e algunhas formas
e abre alguns novos cadernos
as entradas doutros espacios amigos
e especialmente un libro para as visitas
para que poida haber comunicacion entre nos


graciñas a promathea polas novas formas
e a sietehost pola etapa anterior
e desculpas destes dous colectivos
por termos o espacio como desaparecido
durantes estes dous longos dias

e graciñas a ti por estar nesa outra beira

a imaxe da foto das nubes
que abria o frontal
da paso a un debuxo da lua
con outras formas envolventes

cidade de mexico 14-12-2010
Distribuir contido