11-12-2010

regreso a mexico

este pais dos mexicas
indixenas e mestizos chaparros
as mulleres e os homes do millo
as montañas e o altiplano

que fago outra vez aquí
xa non busco nada perdido
veño ver unhas amistades
que non me poden visitar a min
volto mais polo afectivo
que pola loita que hai anos
me trouxo por primeira vez aquí
pero na resistencia seguimos

mulleres e homes do maiz
mesoamerica amiga
onde vai o teu camiño


 

11-12-2010

a travesia

a travesia
atravesar un espacio
para chegar a un destino
o camiño e avanzar
nunha rota trazada
por outros que xa fixeron
un destino dese lugar

hoxe bota a andar
unha nova viaxe oaxaca mexico
xa van unhas poucas
pero non importa o numero
importan o que se comparte
as propostas e as resistencias
a nai terra a natureza as comunidades
as culturas as velliñas os chamacos

manolo pipas
galiza mexico

 

10-12-2010

sol de inverno

este sol de inverno
coa sua agradecida
luz e calor

a tua nosa musica
boa compaña

os pesadelos e os soños
dificil equilibrio

a nostalxia
non serve mais que para
a creacion literaria

a morriña que nos serve
para que o pensamento
regrese ao pasado
e logo volvemos
a camiñar

 

09-12-2010

a gran festa


como unha forzada
gran alegria colectiva
como unha falsa felicidade
como unha gran mentira


con varias semanas de antelacion
cada ano vai chegando antes
e xa o temos por aqui


o gran sentimento colectivo
o exceso de luces e adornos
o gran consumoooooooooo


a celebracion dun nacemento
e do fin dun novo ano


ai a noiteboa !
e as outras noites son malas ?
ai os santos inocentes !
e os outros santos son culpables ?
ai a noite vella
a ultima noite do ano
de que ano porque e para que



ai o nadal

coa roubada festa
da saturnalia dos romanos
e a roubada e incuberta
celebracion do solsticio de inverno
de todas as culturas da nai terra



o cronista


posdata
ai se a gaivota falase

09-12-2010

o premiado

o protagonista dun conto de medo
ainda por fiar
o protagonista dunha novela de terror
ainda por escribir
o premiado

un cachorro un visitador
cecais un perro de presa
ou un chivo de festa

o gran antinacionalista
con dobre nacionalidade
premio

unha boca grande un bocazas
da palabra un artista e profesional
un oportunista un premiado
un mercenario da palabra do capital

                                      o cronista



08-12-2010

outra muller mais

onte asasinaron
a outra muller mais

que pasou
unha disputa familiar
unha ruptura non aceptada
un brutal ataque de ciumes
un maltrador con orde de alonxamento

e logo do crime
unha repulsa publica
concentracion de protesta
dous dias de luto no seu concello

e todo isto para que
de que nos serve ?

o cronista

na foto o numero das asasinadas
que recoñece o ministerio de igualdade
o dia antes deste ultimo crime
que este insensible contador
case as converte en so numeros
pero sabemos que son moitas mais
as recoñecidas polas activistas
www.redfeminista.org

 

07-12-2010

diguem no

Ara que som junts
diré el que tu i jo sabem
i que sovint oblidem

hem vist la por
ser llei per a tots.
Hem vist la sang
-que sols fa sang-
ser llei del món

No,
jo dic no,
diguem no.
nosaltres no som déixe món.

Hem vist la fam
ser pa
per a molts.

Hem vist que han
fet callar a molts
homes plens de raó.

No,
jo dic no,
diguem no
Nosaltres no som déixe mó.

raimon

letra dunha cancion
e case hino antifraquista
do trovador valenciano


 

06-12-2010

alarma no estado


folga de controladores aereos
o goberno e o estado perden o seu control
sobre o espacio aereo do pais e outros espacios
din que hai miles de persoas secuestradas
e o goberno decreta o estado de alarma
e dalle o control ao exercito


estado de alarma no estado
neste estado en mal estado


estado de alarma por quince dias prorrogables

e militarizacion dos aereoportos e o espacio aereo
o goberno e o estado incrementan o seu control
anterior a esta folga duns pseudotraballadores
cuns privilexios que habia que cortar hai tempo


estado de alarma no estado
neste estado en mal estado


estado de alarma
alarma no estado pola sua militarizacion
xusto tres dias antes do dia da constitucion
que perto estamos da dictadura
noraboa


o kronista


posdatas necesarias


na imaxe uns posibles nenos inmigrantes
probablemente o grupo mais afectado
pola folga e o estado de alarma


cando un exercito fai a sua guerra
maniobras militares ou axuda humanitaria
ou okupa os espacios da sociedade civil
sempre hai grandes danos colaterais




05-12-2010

sombra e ronsel

ai sombra
efemera
memoria

o ronsel do barco
tamen efemera
imaxe que eu canto

a sombra e o ronsel
a sombra que se move
o ronsel que se está a mover

manolo pipas

 

04-12-2010

no cafe dos naufragos

é de frio marmol a mesa deste cafe
cunha roda e cun pedal de maquina de coser
onde xa están xogando os meus pes cos teus pes
o cuadriculado chan un taboleiro de xadrez
o barullo tapa a musica boteite en falta no tren

negras sillas de madeira ti tomas menta i eu te
con galletas integrais cunhas pingas de mel
e na barra persoaxes dun videoclip de buñuel
seguen falando e bebendo e asi ate o mencer
e ti que barallas outra vez con usar a internet

gostamos das mesas vellas maquinas de coser
vanse acurtando os dias faltounos neve e courel
a terra pedia auga estivo mui ben o chover
outra parella de naufragos entra no café
e segue a triste lareira segue sen arder

lariño

Distribuir contido