21-8-2010

o tempo do barbeira

o reloxio do barbeira

e o carballo do pelete

coa ponte do rio parada

contan os dias e os meses



as fervenzas de liñares

as sete fontes das antas

e os muiños e os canastros

contan anos e crianças



cova da meiga

ai chan do gato

laxe das puzas

ai chan do canto



as pozas do rio verdugo

a portela dos xarotos

e a pedra da tartaruga

contan o tempo e os soños



cova da meiga

do liño porto

laxe das puzas

foxo do lobo

val barbeira

19 de agosto
19-8-2010

historias do chapapote 5




a mexilla e o chapapote


coas nosas mans
e pequenas ferramentas
en lariño arrincamos
o chapapote das rochas
e a poucos metros outras mans
que non se atreven a ollar para nos
doutras rochas arrincan a mexilla
para levala as bateas de muros
que estarán sobre outro chapapote
que teñen embaixo nos fondos

lariño outono 03



a carnota oficial

e o goberno municipal
entre bloque e pesoe
que fixo neste tempo?
axudar a este grupo mui pouco
os materias donados aos voluntarios
este goberno empregouno
nos seus traballadores
desde papel hixienico ate xabrons
e ate cos traxes brancos
andaban limpando
os camiños e o monte
e otros traxes os paisanos
empregaronos de espantallos
mentres os voluntarios empregaban
o traxe dia tras dia



arroás morto

o sete de novembro
un arroas morto na praia de lariño

un arroas morto
na praia de lariño o sete de novembro

na praia de lariño
o sete de novembro un arroas morto

                 11-03



os militares pois e as suas maniobras
e os seus danos colaterias

nós no segundo dia de traballo en mougás
xa coidabamos de non manchar mais do debido
e valizabamos os lugares de paso
un mes despois fun a karnota
e o milicos entraban e saian da praia
por calquera lugar e tomaban o bocadillo
nunhas pedras que antes estaban limpas

nas illas chamadas parque nacional
cos helicopteros aterraban nas dunas
e cos todo terreno baixaban ate a praia
alguns sacos da chapapote foron abandonados
e coa marea alta xa os levaba o mar
e destas illas marcharon abandonado todo
deixando sacos e capachos de chapapote
virados sobre as praias e o campo

chegaban as camaras e dous jefes
debatian que grupo debia sair na tele
e alguns  non ollaban os horarios das mareas
reducindo moito o seu tempo de traballo

pero tamen me dixeron
que algun milicos traballaron a reo
e é certo que puxeron infraestructuras
para a limpeza comida e aloxamento
materiais que pagamos nos cos nosos cartiños

finais 2003



os bolos e as voluntarias 

os teus bolos de lariño
o baston movendo os bolos
punta louro e os golfiños
e os frijoles do antonio

os solpores solidarios
venus saturno e orion
sobre o coiro traballos
para vencer o terror

optimas voluntarias
homes duros e lloronas
gabitas e salamandras
e unha vella casona

lira 12-04


os buzos

din que houbo buzos profesionais
que naquel primer ano
baixaron a alguns fondos
a ver se habia chapapote
e asinaron uns papeis en branco

a outros buzos naquel tempo
non os deixaron baixar
a alguns daqueles fondos

e tamen houbo biologos
que asinaron papeis en branco

2004



a plataforma e a burla negra

ai o chapapote e o nunca mais
a plataforma e as suas formas
a burla negra e as suas burlas

o movimento nunca mais
foi unha cousa
e a plataforma e a burla negra
foron outra
pero elas e eles xa contaron
a sua historia
eu sigo o meu camiño de versos
coa outra memoria

vigo 4-2010


-

19-8-2010

hia

18-8-2010

gacela de la huida

me he perdido muchas veces por el mar
con el oido lleno de flores recien cortadas
con la lengua llena de amor y de agonía

me he perdido muchas veces por el mar
muchas veces me he perdido por el mar
como me pierdo en el corazon de algunos niños

no hay noche que, al dar un beso
no sienta la sonrisa de la gente sin rostro
ni hay nadie que, al tocar un recien nacido
olvide las inmoviles calaveras de caballo

porque las rosas buscan en la frente
un duro paisaje de hueso
y las manos del hombre no tienen mas sentido
que imitar a las raices bajo tierra

como me pierdo en el corazon de algunos niños
me he perdido muchas veces por el mar
ignorante del agua, voy buscando
una muerte de luz que me consuma

federico garcia lorca


poeta e dramaturgo andalusí
asasinado polos fascistas o 19 de agosto do 36
autor de romancero gitano a casa de bernarda alba
e o divan de tamarit ao que pertence este texto
musicado e grabado con todo o poemario
polo tamen granadino carlos cano

17-8-2010

os escritores e as ruas

unha rapaza entregame

un papel de publicidade nas travesas

e reparo na rua do comercio

por aqui perto que non lembro

eduardo blanco amor



nos ultimos anos esta barriada

encheuse de nomes de escritores

daniel castelao miguel hernandez luis seoane

federico garcia lorca e eduardo blanco amor

pero como case sempre

nengun nome dunha muller



cantas veciñas e traballadores destas ruas

saberán quen son estas persoas

que sen querelo deron nome a estes espacios ?



estes dias vaise vaise cumprir

o cabodano do asasinato de federico

e estamos no ano do centenario de miguel

e farán algo estes dias e este ano nestas ruas

polos dous poetas asasinados

polo golpe de estado e o franquismo ?

14 de agosto
16-8-2010

final de viaje

al final
vuelvo la vista atrás
fue tan cansado el largo viaje
tan pensado el equipaje
pra llegar aquí
perdido en la ciudad
soy prisionero de una calle
sin farolas sin portales
donde esperar
que nazca de nuevo el sol
que entre caliente por mi cuerpo
y haga sentirme que amanezco

vuelvo la vista atrás
lo acabo de comprender
he pasado de largo
y el final de mi vieje
solo puedes ser tu

solo tu puedes ser
el portal de mi amanecer
el único aliento
que se adentra en mi cuerpo
fundiendo mi soledad

donde esperar
que nazca de nuevo el sol
que entre caliente por mi cuerpo
y haga sentirme que amanezco

vuelvo la vista atrás
lo acabo de comprender
he pasado de largo
y el final de mi vieje
solo puedes ser tu

solo tu puedes ser
el portal de mi amanecer
el único aliento
que se adentra en mi cuerpo
fundiendo mi soledad

jaime compaire

cancion de hilario camacho
sobre texto de jaime compaire
o trovador madrileño autor de cuerpo de ola
madrid amanece tristeza de amor ...
embarcouse na sua ultima travesia
un dia como hoxe hai catro anos


as suas interpretacions
podense oir e ver en videos na rede
como tamen as cancions doutros autores
dos que vos comparto as letras neste espacio


15-8-2010

as mortes do lume

cada arbore queimada
como un escuro esquelete
cada queimado bosque
como un cimeterio
de erqueitas tumbas

e os dous traballadores do lume
que morreron estes dias
non os levou o lume non
que foron unhas mans incendiarias
como tantas outras que estragan
todos os anos a natureza

fornelos de montes
o monte como un inmenso
e maldito forno
cada bosque queimado
como un cimeterio
de miles de ergueitas tumbas

no pais dos lumes
a 15 de agosto

14-8-2010

andrea anda ea ea

andrea entrou na estampa no mencer
o sol sobe mentres ela baixa as montañas
e andrea chega a porta do laberinto
e olla e duvida duvida e olla
non sabe que facer

anda ea andrea anda ea andrea
andrea anda ea ea

andrea estira a sua pequena man
e colle unha folla das ervas proibidas
ela ven dunha extraña terra
mais alá das montañas
onde os seus tamen están proibidos

anda ea andrea anda ea andrea
andrea anda ea ea

para un cadro de sara

hai uns poucos anos

13-8-2010

a flor

. 

na serra norte zapoteca
unha flor agarra a chamaca
e eu agarro a sua sombra
sobre a parede da sua casa

unha man e unha flor
eu agarro polo aire
na parede dunha casa
nunha zapoteca tarde

foto marzo 2009
versos agosto 2010

12-8-2010

cafe jardin

o café jardin
do zocalo de oaxaca
e os seus encontros

o café jardin de juchitán
e aquel frustrado
ate logo case despedida

e tamén nesta cidade
atopei un café jardin
pero seguro que non ten
sabroso café de pota
con panela e canela

vigo agosto 2010

Distribuir contido