29-7-2010

o drago

 


 este que vedes aquí é un drago
fillo dunha milenaria árbore canaria

o drago botou nese testo
uns sete anos nunha elevada terraza
no medio da cidade e ollando o mar
e logo me foi entregado
cando o amigo cambiou de piso

pasou unhas poucas estacions
de adaptacion a este outro lugar
e foi trasplantado hai un mes
a poucos metros dun acibo
e é certo que foi un pouco tarde
pero debia agardar polo amigo
primeiro responsable da arbore


xullo do 2010
29-7-2010

o circular

remata en rosalía

pon o letreiro

dese bus circular



a poesia de rosalia

como un circulo

e sempre a camiñar

xullo 2010
27-7-2010

ai, as preguntas

Ai, as perguntas
que endexamais serán contestadas.
Vai o río cara o mar
non pode volver a água.

Todo o que saben os sábios
a min non me importa nada.
Un angazo de anos vougos,
Fausto
peitea a tua barba branca.

Nen médicos nen juristas
curan o corpo ou a alma.
Home
o corpo que quererias
a alma que quererias
nen drogas nen leises fartan.

Carne de mulher, qué triste.
Verba de varón qué falsa.
Toda resposta é mentira.
Só é verdade a pergunta
a pregunta
que resposta non agarda

ricardo carbalho calero

poeta e plural e prolifico creador e investigador
alunno da xeracion nós e do seminario de estudos
galegos e membro do historico partido galeguista
e primeiro catedratico da nosa lingua e literatura
mestre ao que o vindeiro ano tampouco
se lle van adicar o dia das letras galegas
supoñemos que polo seu galaico-lusismo


25-7-2010

entre patria e matria

compostela ese final ese principio
a cidade do seu pasado ben presa
casa e aldea perdida no seu presente

ruas e prazas corazon da chamada patria
esa galiza que ainda non da superado
ao misoxeno bardo de ponteceso

courel compostela o pindo fisterra
das serras ao mar das illas aos cumes
a nosa matria coa sua estrela ben bermella

compostela corazon desta matria
entre novoneyra castelao e rosalia
que nunca deixaremos de cantar a coro

courel compostela o pindo fisterra
da serra ao mar da costa á chaira
a nosa matria que ainda se nos nega


galiza a 24 de xullo


dixeronme que estes dias
nunha citania do noso pais
unha tribo estaba a repartir bandeiras
cos escudos das tribos invasoras
pero non sei se estes merezan un poema
vaicheboa arredemo vaicheboa !


24-7-2010

negra sombra

Cando penso que te fuche,
negra sombra que me asombras,
ao pe dos meus cabezales
tornas facéndome mofa

Cando maxino que és ida,
no mesmo sol que te amostras,
i eres a estrela que brilla,
i eres o vento que zoa

Si cantan, es ti que cantas,
si choras, es ti que choras,
i és o marmurio do río
i és a noite i és a aurora

En todo estas e ti és todo,
pra min i en min mesmo moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras

rosalia de castro

poema musicado por xoan montes
e cantado por diversas formacions e voces
e nesta vispera do dia da matria galega
a negra sombra das follas novas de rosalia
e tamen a escura sombra da queima do monte
do chapapote do desgoberno deste pais...


23-7-2010

ceos de castrelos

agardamos en castrelos a que a lua dera as once
a pelicula chegaba entre sombras de mui lonxe

outro ceo protector camiñaba no deserto
e desertos muitos corpos non entraban neses ceos

entre palmas sobrevive un oasis protector
e castrelos tamen era un oasis para nos

pero o rio non consegue arrastrar tantas mentiras
e no foxo baixo a grada vai morrendo a fantasia

as estrelas dan a unha e a lua xa completa
a historia que remata a pantalla que se pecha

varios ceos xa pasaron polo parque de castrelos
e seguimos agardando a que pase o noso ceo


castrelos verán do 94



castrelos de onte a hoxe

antes de que fixeran o foxo
nalgun festival uns poucos saltabamos a valla
e logo lembro que as ras do foxo non deixaban
oir partes dalgun concerto de muisica clasica
e desde este poema cortaron as ultimas árbores
que estaban entre as gradas mais altas
e cantas veces cambiaron o palco ?
e preguntome porque e para que ?

da homenaxe ao zeca afonso
a leonard cohen cantos maxicos momentos
e  seica estes dias
perdin tamen algun bo concerto
ai os protectores
ceos do parque de castrelos !


verán do 2010


22-7-2010

a illa da memoria

no interior da ría do sur
a illa do mestre mendiño
o rumor da sua cantiga
e o rumor do vello lazareto
e o mais forte rumor
dos presos dos fuxidos
e dos asasinados do 36

xullo 2010


e a illa da memoria
segue nas sucias mans
dos herdeiros dos asasinos

21-7-2010

cronica da galiza martir

sexto poema da memoria da guerra

guerra tres anos de guerra
trintesete anos de dictadura fascista
setenta e catro anos de dor e memoria

cantos anos de terror ?
para moitos cantos anos de fame ?
para todas as persoas vencidas
cantos anos de medo e angustia ?
setenta e catro anos
de dor memoria e resistencia

as imaxes e as voces das testemuñas
encadranse entre as palabras
dos titulares do fio da narracion
e as noxentas citas dos represores
e un numero que se repete

1936


imaxes voces e palabras escritas
que se acompañan polo son da marcha
dos pasos de grupos e reximentos de asasinos
polo son das campás da culpable igrexa
polo son dun posible reloxio
que non pode medir este tempo

o exterminio do diferente
dor memoria e resistencia

noite do 20 de xullo

cronicas da galiza martir
unha pelicula de xan leira
contra o terrorismo de estado
e o xenocidio galego
presentada onte a noite en vigo
www.memoriadagaliza.com

non queremos venganza
so queremos xustiza

a memoria e a denuncia

19-7-2010

o golpe e as bandeiras

quinto poema da memoria da guerra

hai setenta e catro anos
houbo un golpe de estado
un golpe ao estado e as persoas
porque moitas destas persoas estaban
construindo outro tipo de estado

houbo un golpe de estado
unha guerra un xenocidio unha dictadura
e miles dos chamados paseados
foron enterrados en anónimas foxas
que se están a levantar nos ultimos anos
pero moitos deles seguirán como anonimos
mentres alguns dos coñecidos da dictadura
seguen libres sen pagar polos seus crimes

houbo un golpe de estado
un golpe ao estado e as persoas
unha guerra un xenocidio unha dictadura
e xs democratas eran chamados rojos  e rojas
e nestas ultimas semanas sofrimos
unha invasion das bandeiras
da dictadura cos escudos da monarquia
e outros noxentos simbolos
e unha invasion que non para
das chamadas camisolas de la roja 

outro golpe á memoria

o cronista

desde o parque da miñoca
antes lugar do xuncal
a 18 de xullo do 2010

18-7-2010

en arealonga por suso

praia de arealonga praia
a musica no solpor
na noite é unha emocion
graciñas pola palabra

na beira sur desta ria
praia de arealonga praia
ai suso coa sua guitarra
deulle voz á poesia

ai arealonga chapela
regodobargo espallando
na nosa terra mais cantos
ai suso na sementeira
manolo pipas
coplas escritas e recitadas
onte na praia de arealonga
por suso vaamonde

Distribuir contido