20-6-2021

asembleas e arribada

 


o veleiro zapatista
paseninho poc a poc
na ría   saíu o sol
corpos mantas e manifa

e subimos a montanha
das pedrinhas sobre o mar
xira asemblea xeral
entre irmáns i hermanas

mui diversas e inclusivas
nos queremos caminhar
mentres segue bravo o mar
co veleiro indixenista

e por fin xa temos novas
da marinheira  montanha
que foi fondear nas augas
da bahia de baiona

 



nesas augas fronte a vila
na que hai cincocentos anos
foi arribar un dos barcos
que empezaron a conquista


dos pobos de abya yala
venhen mayas zapatistas
esas netas activistas 
de ixchel e a pachamama


despertad di a montanha
e a asemblea desde a costa
dalle a benvida a estas compas
como irmáns i hermanas


un caminhante

 




19-6-2021

las nadie e os ninguéns



a montaña e o escuadrón  
ultimando a travesía  
nesta falsa autonomía
con nubes e chaparróns
e a falta dun bo pozol
hai café da rebeldía   

na inxusta vila de vigo
o veleiro e a montaña
queren botar as amarras
nestes peiraos de abrigo
indíxenas e mestizos
que teña boa chegada


esas nadie de chiapas
e os ninguéns da ría   
comparten a rebeldía   
nunha liberada praza
abaixo as salgadas augas

acercannos a utopía   

 


18-6-2021

xira falperrys pedriñas



embarcación pola vida
e costeña comisión
foi pra sala rebullón
a cultural das pedriñas,
sete son as zapatistas
os falperrys sete son
cordas voz e percusión
de atlánticas travesías,
a tameiga suben as rías
mais falta a revolución

 

 

17-6-2021

agardando as zapatistas



pola vida un veleiro
que lle chaman a montaña
con indíxenas entrañas
chiapanecos mariñeiros,
se a vela non vai hai remos
queridas compas da milpa
onda a onda milla a milla,
empuxando pola popa
o durito e tres gaivotas
medra o grupo zapatista

mestizo este barquiño  
coa indíxena memoria
cara a decrépita europa
guiado polos golfiños,
solo lles falta o pingüino
da máxica autonomía
de caracol travesía
cara as rías esa proa,
fillas netas e avoas
currémonos a benvida 

manolo pipas


16-6-2021

coas mesmas entrañas

 

zapatistas cara europa
europeas pra galiza
cousas da xira da vida
que xiren todos e todas
da nautilus pra revolta
do faísca pras pedriñas

xiran e caravanean
os alternativos medios
as do café chipaneco
negras bermellas violetas 
todas abaixo e a esquerda
comuneiros comuneiras

e tamén xa van chegando
do país que méxico chaman
emigrantes i exiliadas
que aquí botan raices
diversas xentes e paises
todas coas mesmas entrañas

un camiñante 

 

 

15-6-2021

café da xira da vida


das montañas chiapanecas
este café rebeldía
ven coa xira da vida
pónlle panela e canela,
tamen ten aroma a estrelas
e as nubes libertarias
das queridas terras mayas
rebelde e suave infusión,  
café da revolución 
na pota comunitaria



14-6-2021

defensoras da terra


indíxenas e mestizas
que vos coidades da terra
que perigo vos corredes
so por defender a vida

de méxico a colombia
da amazonía ao congo
da india as illas filipinas
cantas comuneiras mortas
so por defender a terra e a vida

 

 

13-6-2021

açores nautilus revolta


a montaña e o veleiro
déronnos sinais de vida
polas illas dos açores
a comisión zapatista
vai facer as pe ce erres
logo segue a travesía

do nautilus á revolta
do casco vello pro porto
o barquiño zapatista
polas rúas como un xogo
anunciando a travesía
destes apreciados pobos

da revolta pro nautilus
vai un boneco xigante
arte a comunicación
facendo comunidade
anunciando a visita
das compas do paliacate
dese veleiro montaña
das nosas queridas cuates

 

 

11-6-2021

a vida e os saqueos


o veleiro e a montaña
unha xira   pola vida
i esa vida zapatista
sempre está ameazada

a malgoberno que mata
cos saqueadores da terra
farmacéuticas mineiras
e os que rouban a auga

de golpes e de saqueos
nós feridas temos moitas
de castrelo ás encrobas
e dos centos de recheos

rouban o vento e o sol
con cacharradas xigantes
e as nosas comunidades
con pouco viven mellor

os veleiros e as montañas
pola vida    esta xira
que todas as nosas vidas
sempre están ameazadas

un camiñante

 

10-6-2021

do calado veleiro


das compas e da montaña
do veleiro zapatista
despois de catro semanas
nada sabemos amigas
perderíase nas augas ? 

esa montaña veleiro
por cuba pasóu cas compas
por açores non sabemos
preguntemos as gaivotas
e aos vellos mariñeiros   

o septeto mudo está
terán as suas razóns
irán co ritmo do mar
e cando vaian chegando
elas xa nos contarán


un camiñante



Distribuir contido