08-6-2021

a carpa e os pinchazos


nunha grandota carpa
construida para as feiras
pero non para as de gando
nós varios miles en fileiras
valizadas por cordas
somos como formigas ...

un pequeno pinchazo
dunha transnacional farmacéutica
e non che din que che meten no corpo
e doe mais no corazon e na ética
que no propio brazo 

unha soa dose e contento
e a otros tócanlle dúas
doutra noxenta empresa
seica con maior eficacia

falamos


06-6-2021

poema de lois pereiro


(No amor, como na guerra, nunca oímos
o tiro que nos alcanza.
A morte, como o amor, nunca advirte por
onde se nos achega...)

III

Namorado outra vez
do amor que levo dentro
a sede enfurecida dun futuro
esgotou as miñas alternativas
levándome dereito cara ó impacto:
un proxectil conxelado no aire
a poucos metros dun corazón frío
e agar o menor signo de calor
para abrir a súa pel e entrar no sangue
vencido pola forza do desexo
cegamente e sen medo
ó posible desastre.

lois pereiro

 

05-6-2021

dia do medioambiente


día mundial
do medioambiente
que necesario
pero so un día
que hipócritas

mundo e planeta
si que so hai un
medioambientes
hai uns poucos
e todos golpeados
todos ameazados

 

 

04-6-2021

expansivo lois pereiro

 


o silencio a palabra
o poema a música a danza...
queren ser actos expansivos
probocador amigo lois pereiro
da poesía última
de amor e enfermidade

vintecinco anos non son nada
e tamén son moitos invernos
que puderon parir a primavera
e vémonos mañán nese serán

tan rebelde a mediodía

amor e sangue en chiapas
o teu expansivo poema
que tan chingon canta

o garcía e os labregos
e mira lois pereiro
que xa ven o veleiro zapatista ...


amor e sangue en chiapas

xa foi publicado neste espazo 

pipas 

 

 

02-6-2021

a montaña e as illas


as illas sobre as augas
son como unhas montañas
que sobresaen da chaira e da selva
se cadra pensarán en alta mar
as compas chiapanecas

partiron de isla mujeres
e fixeron escala en cuba
e se cadra van parar

nas illas dos açores
e queren completar a travesía
logo de que pase as illas cíes
a montaña veleiro pola vida



31-5-2021

terra auga aire

 



o chan da de comer aos vexetais
as nubes e os regos danlles auga
o vento vai renovando o aire...

e as árbores danlle coberta
aos vexetais máis pequenos
e como irmás maiores
coidan deles

na ghaspara

 

 

29-5-2021

polos saharauis libres


o deserto e o mar
e a lúa e a estrela
amigo pobo saharaui
roubáronche a terra

neste fallido estado
que che abandonóu
marchas na túa defensa



28-5-2021

que fas catalunya


que fas catalunya ?
que caminyo segues ?
cun pacto de conveniencia
da esquerda e dereita
e extremadereita catalana
e eses mosos represores

con ser republicanos
non abonda

que fas espanya ?
cos indultos non abonda
mentres siga esa xustiza
post-franquista

 

 

27-5-2021

a palabra e o sistema


a palabra comunal
de raices mui lonxanas
trae o veleiro montaña
do outro lado do mar,
a historia é unha espiral  
que avanza lentamente
e o mundo será diferente
se arranxamos o problema,
se muda todo o sistema
sálvase o medio e as xentes

 

 

23-5-2021

na revolta lacandona



sementeira pola vida
polo berbés na revolta
do revés patas arriba
a festa da lacandona

camiñantes somos todas
micro aberto até chiapas  
navegando contra rumbo
á atoparse coa montaña

na revolta do berbés
arribada zapatista
caracois e paliacates
subíronse á tarima

indíxenas somos todas
platican bailan cubanas
cos galaicos e coas pibas
mapuches e colombianas


un camiñante


Distribuir contido