24-11-2010

falo

Falo porque me peta
Porque quero, porque podo.
Podo porque practico, porque me arrisco,
Porque trabarme non me dá medo.
Falo para escoitar, para abrirme,
Para partillar.
Falo porque comunico, aprendo,
Falo porque enriquece.

Falo a pé na cidade, deitada fronte o mar,
Entre as sabas, na aula,
Facendo a compra, coa médica..
Falo cando me hablan:
Por que estraña máis que se
Hablan cando lles falo?
Ou hablan, e lles falo, e me chegan a falar.
Falo porque falan, e lles devolvo a fala.

Non é a fala nai,
Mais agora a fago lingua miña:
Cando falo,
Ah think na on the lang Scots miles,
The mosses, waters, slaps and stiles
That lie between me and ma sae-cawed hame.

Falando síntome acollida:
Inmigrante sí, mais non estranxeira.
Máis que fóra de Escocia, atópome dentro de Galiza.
Falo poque votan sen min,
Porque xa pouco blether,
Pouco falo escocés,
Abandonada lingua do meu pobo:
Desprezada igual por falantes e institucións.

Falo tamén pra as estúpidas,
Para ofrecerlles o meu espello ó medo,
Á desgaña, ó desprezo e ó peche.
Falo cando me peta, e cando non,
Hablo, I speak, ah blether.
Falo con vos.

tasha crofton

poema desta compañeira escocesa
que recitou en vigo na semana das letras