24-9-2010

intúense faces

Intúense faces
Unha difusa formación de sombras
aparece nun abafado vidro
Liñas brancas superpostas
delimitan espazos na supostamente
existente, imaxinábel ventá

Poderian ter ollos cor mel
Poderían posuir unha identidade
e ás veces, fincar os pes no chan
coma ti, coma min

Mais neste momento soninamovíbeis
acubilladas siluetas, esbozadas nunha tea de liño
Non obstante, cando pecho os ollos
acho que hai un café con moito azucre
pendurado no anteroposterior das miñas meniñas

cruz martínez


poema do libro accion poética
do grupo penúltimo acto
penultimoacto.blogspot.com