29-1-2010

ramona esperanza

Ela é pekena
tan fráxil (aínda)
ela é unha nena
tan forte (xa) e
aínda é unha nena
E unha nena
máis
xa fai de nai
sacalos irmáns adiante e os fillos ke virán
e a súa "condena"
Ela é noviña pero
tan responsable
os seus ollos reflicten unha realidade tan dura
e a esa idade
Ás 4:00 en pé
Prender lume
moer millo
fronte ao comal pasas a madrugada
e o mencer
as tortillas de millo están sobre a mesa
Nena de millo
Ela é miúda
tan tímida
tan forte
tan fráxil
miro os teus pes e as tuas mans
e falan de traballo e miserias
miro o teu rostro
e fala de loita
dignidade
resistencia
futuro
Ela é miúda
Chove demasiado
demasiadas pedras no camiño
para cargar tanta leña
descalza ante a adversidade
desprotexida ante a enfermidade
Nena de millo
da cor da terra
demasiadas xeracións
arroz e frijol
frijol e arroz
o teu espirito
celebra a vida
celebra o ke moit*s xa perderon
Non te keren deixar ser digna
porke no teu sangue está a rebeldía ke reitera alegría
Morena dignidade rebelde
Ela é pekena
unha nena ke camiña as montañas
A esperanza
A nena esperanza
Ela e pekena aínda
é unha nena
aínda está na infancia
e segue camiñando
cos pés na terra (abaixo)
e ela
cando mira arriba
só kere ver o ke séculos atras vía
a lúa e as estrelas
non o ke está menos enrriba do ceo
ese enrriba da cor dos cartos
se non
o ceo limpo co ke os e as de abaixo se guían
nesa xa longa noite (de 515 anos)
pero esperanza xa disfruta tamén da noite da lúa e das estrelas
dende fai xa 13 anos
dende ke unhas parteras entre elas unha tal Ramona
axudaran a ke ésta esté polo surleste e por tantos outros lugares...

Serxio Regos. “O García”.

poeta e trovador do hip hop galego
forma parte do colectivo dios que te crew www.myspace.com/garciadktc
participou na radio libre kalimera
e é membro do colectivo fugaemrede