12-5-2012

aí ven o maio




Ahí ven o maio / de frores cuberto
Puxéronse á porta / cantándome os nenos;
i os puchos furados / pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños, / calados e quedos;
que o que é polo de hoxe / que darvos non teño.
Eu sonvos o probe / do pobo galego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!

Cando eu me atopare / de donos liberto
i o pan non me quiten / trabucos e préstemos,
e como os do abade / frorezan os meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas / dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio / sin bruxas nin demos;
un maio sin segas, / usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

curros enriquez

do libro aires da miña terra
e imaxe dos maios de ourense
ai se curros escribira hoxe
os poderosos e a crise
e as pestes da nosa terra