19-12-2011

mar ao fondo




                 MAR AO FONDO


                     ESCENA  0

               ILLA ATLÁNTICA

Magritte e os cantís
resoan coma un peite de Chillida falando con Ulises.
O tecedor de tempos –o noso Urbano cosmopolita—
adiántase (de novo) e recolle o testemuño do único que non esmorece
e sempre vale:
                          o humilde
                          instante
                                          libre.
Campá-caramuxo, poética pictórica mural —isto é, xigante—
como pano de fondo antes de chegar a musa.



Musa:
Lémbrome de ti cando escribes de teu,cando comes dun cadro,
bebes un grolo, falas libre e vives contigo e no mundo sen min.

Coro:
E nós de ti, musa do argazo que nutriches o pobo
con illas de Lugrís onde repousar os soños e o futuro.

Musa:
Falaba con el, mesmo que nunca me (a)sentía... Sigo adorando
a súa palabra-pincel na rúa, no pan, no aire.
Nos muros que ogallá falasen..!

laradoar

texto de lara domínguez
para o cadro de urbano lugrís
homenaxe aos músicos do mar
publicados en a nave das ideas