10-7-2021

a viaxe de xose guillermo

 


Levar as cores no bolso
e a carpeta chea de papeis
fixo que naceran espontáneas
as acuarelas no transcurso
das viaxes e foran unha parte
importante da miña obra.
Pintei nas cidades ensoñadas
O Cairo, Marrakech, Dakar, Estambul
Damasco, Benarés, Calcuta, Katmandú
México , La Habana, Bahia.
Pintei nos rios enormes
nas inmensidades do deserto
nas selvas tropicais
nas praias con esqueletos de naufraxios
nos paises inexistentes.
 

Todo o escribo a propósito para aquel-a
que poida entendelo
Non vou ser menos tolo que o mundo
A felicidade absoluta asústame
A aproximación obsesióname


xosé guillermo