02-10-2016

ayotzinapa tlatelolco

 


na escola de ayotzinapa

no golpeado sur mexicano

fórmanse mestres rurais

 

os estudantes de ayotzinapa

querían chegar o 2 de outubro

a tlatelolco na cidade de méxico

para honrar os desaparecidosdo 68

e desaparecéronnos tamén a eles

 

2 anos de ayotzinapa

48 anos de tlatelolco...

sen xustiza sen democracia

 

en guerrero ayotzinapa

na escola de mestres rurais

estudan historia e xustiza

pero non nos libros

 

o acompañante