29-9-2015

ayotzinapa un ano despois

 

 

en iguala corentetres

estudantes de ayotzinapa

hai un ano foron desaparecidos

e outros golpeados e tres asasinados

por estudar para ser mestres rurais

e por ser indíxenas e reveldes

 

foi un 26 de setembro

e os guererenses querían

chegar á capital da república

para o 2 de outubro aos actos

pola memoria dos estudantes

asasinados en tlatelolco no 68

que poderían ser os seus avós

 

nese pais que chaman méxico

a verdade e a xustiza

non chegóu a tlatelolco

como tampouco chegóu aínda

aos mortos de acteal do 97

e ayotzinapa ten un dificil camiño

 

pipas