01-4-2010

a viaxe e os poemas

o final dunha viaxe‭
deixa un sabor extraño na boca‭
que ainda non quere sair en versos

rematou a miña fisica viaxe de cinco meses‭
e dous e pico neste espacio para a palabra
uns poucos poemas foron publicados‭
e outros que fican no caderno e pedirán entrada‭
e a memoria irá e voltará con mais historias‭

rematou a viaxe mesoamericana pois‭
pero entre oaxaca e o anahuac ai seguen‭
os meus compañeiros diego e poncho
que nos mandarán os seus novos e vellos poemas
e outrxs autores de versos e letras de cancions‭
seguirán tendo o seu espacio

envolventes as palabras‭
outros vellos textos serán revisados‭
e alguns novos deben ir nacendo

lariño‭ en vigo‭ ‬

1‭ ‬de abril do‭ ‬2010