15-1-2013

os ventos da resistencia




a chaira de oaxaca

á beira do oceano pacifico
no istmo de tehuantepec
a terra dos pobos zapotecas
ikoots ayuuks e mestizos

esta é a chaira do vento
o vento que da vida e que trouxo
as transnacionais eolicas
que rouban e estragan esta rica rexion
na que os compas se organizaron
asamblea de pueblos indígenas del istmo
en defensa de la tierra y el territorio


por oaxaca funcionando
varios miles de muiños
fertiles terras do istmo
eles din que están retando
pero ben que están roubando
iberdrola con gamesa
e fenosa con endesa
como unha nova conquista
e dos muiños as vistas
deixan claro esta desfeita

estes dias foi agredido
o noso compañeiro carlos bedxe
da radio comunitaria totopo de juchitán
pola defensa destes pobos terras e ventos

nalgunha ocasión coma na imaxe
na chaira os ventos da resistencia
tumbaron alguns muiños

manolo pipas

mais informacion nos espacios
http://tierrayterritorio.wordpress.com/
zapateando.wordpress.com/2013/01/14/
reportando-estado-de-bedxe-compa-
de-radio-totopo/