12-2-2011

un pouco perdido

no meu barrio non hai tienditas
nen ofrecen tacos ou doces
a algunhas horas nas esquinas das ruas
e en ningun dos tres supermercados
atopei nopales jícamas chayotes
platanitos mameis guayabas

ao bus so podo dar parada
nos lugares para iso establecidos
e non me podo subir en marcha
e non hai taxis colectivos

que poucos nenos hai acá
e poucos deles na rua

da sequedade e da calor
pasei ao frio e a humidade

nas ruas hai demasiada luz
e vexo e sinto o consumo
por todas partes