14-4-2015

oaxaqueño exiliado en lugo

 

 

indíxena zapoteca de oaxaca

exiliado coa familia na galiza

levántase da mesa e deixa o micro

e móvese para dar unha plática

sobre a tortura e outras inxustizas

nese país que chaman méxico

invitado por amnistía internacional

 

o tempo e o camiño foron moi longos

as mans xesticulan e juan sosa movese

e segue debullando os golpes dos de arriba

olla para nós e olla as paredes da sala

e se cadra se lle cruzan imaxes das prisións

e segue o seu duro recorrido por diversas

rexións e tempos deste inmenso e plural país 

 

sete horas de luz sepárannos de oaxaca

das súas comunidades dous días de camiño

entre autobuses avións e máis autobuses

se as combinacións se deran ben

poucas horas de luz demasiado tempo

e alá seguen os seus compas presos

 

na serra sur de oaxaca as golpeadas

comunidades loxichas resisten

 

indíxena zapoteca

exiliado na galiza

cantos golpes te separan

dos cerritos e das milpas?

cantos soños te separan

canta certeza e mentira

da serra sur oaxaqueña

da túa rexión loxicha?

 

manolo pipas