30-10-2014

a ría o faro as pláticas

 


camiño de moaña

subo ao barco de pasaxe

e un cartaz da nosa plática

foi pegado dentro á beira

dunha imaxe do faro das illas

 

na parte de arriba cruzo

este pequeno brazo de auga salgada

a nosa esquerda un pouco máispalá

está ese país que chaman méxico

 

baixo e camiño á beira do mar

e por meira atopo máis cartaces

na parada do autobús nas farolas...

eses espacios nosos...

 

a farola ilumima e o faro guía

e as indíxenas xs estudantes

os mestres e todxs xs de abaixo

a comunalidade pois

deben iluminar e guiar ese roto

país que aínda chaman méxico

 

a plática estivo ben no bar tolo

boa asistencia e participación

pero mellor que conten eles e elas



e esta noite será outra a charla

coa carlota na librería andel


foi unha complementaria visión

e outros falamos desde o público

que está ben cambiar os papeis

coma nunha comunitaria asamblea

o lugar natural de todxs nós