18-12-2013

serigrafias nitu nitu e acordeon




decima e cuarteta para dúas serigrafías de nubes
botella nitu nitu e acordeón de chus láuzara


nesas nubes de oaxaca
nitu nitu e a gamela
van dentro dunha botella
cara ás terras das chamacas,
nova viaxe soñada
por unha serigrafía
realidade e utopía
chidas formas cores lus,
ai que regalo da chus
entre oaxaca e a ría

outra lámina servando
levou con moita emoción
no lugar do nitu nitu
ía o seu acordeón


pipas o güero