08-2-2011

acompañamentos


por terras mesoamericanas

cando descanso cando escribo
acompañanme musicas e cancions
destas rexions e de lonxanas terras
antes o patio das compas da papaya
agora a terraza pobre da panoramica
na que escribo os primeiros versos
desta cronika o ultimo dia de xaneiro

acompañame o son
o son jarocho veracruzano-oaxaco
a trova cubana as tonadas chilenas
as cançaos do vintecinco de abril
milongas romances cantigas de amigo
dolores kern paloma marta sevastian
gabriel yacoub georgina que agora escoito

acompañaronme libros e revistas
poemas soltos fotografias
documentais e alguns regalos

e libros da milpa e o paliacate
que fun deixando polo camiño
e na mochila son relevados
por outros regalos que me fixeron
de outros que debo facer e de compras
a jicara o mezcal o morralito os chocolates
o comal camisolas gorras libros e discos
cadernos que se enchen de historias

acompañamonos
entre o anahuac oaxaca e chiapas
algunhas das terras do outro mexico
os reencontros e encontros
unha compañeira que non se deixou ver
a outra tiven que visitala hoxe no hospital
tamen os movimentos teñen gripa
e este pais esta moi moi enfermo

os que xa non están
as que non atopei
tamen me acompañaron

acompañame unha pisca
e tamen un pouco
me podes
acompañar ti

ocolagual
unha aperta

manolo pipas
mexico 8-2-2011