03-2-2011

a ceiba comunidade e selva


a ceiba é unha arbore sagrada
solitaria arbore no bosque ou na comunidade
a ceiba igual que o pochote medra con espiñas
que logo perderá cando sexa grande



a ceiba ou parota é unha arbore sagrada
sagrada é a selva e as suas formas
o amate o mono araña o tucán o quetzal
abaixo o tapir o jaguar e todo o circulo

e no medio dalgunha selva a cidade abandonada
as pedras das construccions son devoltas á terra
cos seus misterios e memorias

sagrada é a selva e as  suas formas
o rio o vento o cerro e as xentes da selva
e outra vez a ceiba ou yasté
a vella ceiba principio ou final do camiño

os monos arañas aventaronnos paus
ao quetzal e ao tucán oimolos
e atopamos e recollimos as suas plumas
do tapir vimos as suas pegadas
pero o enigmatico jaguar...
a ceiba comunidade e selva

lembranzas de toniná bolon
e chimalapas  publicado
en a milpa e o paliacate 09
e agora con algun verso mais