23-12-2010

lembranza de teotihuacan

unha pedra enriba doutra sitio de teotihuacán
das piramides dos astros ate o mais pequeno altar
deidades do sol e da lua
a culebra e o nopal



o coyote e o lagarto a mazorca e o jaguar
son as formas que definen o mundo teotihuacan
o lume o vento e a chuvia
que nos seguen a guiar

os monos e os caracois volvoretas e quetzal
as ceramicas e as pedras os estucos e os murais
esa mascara de jade
parece que vai falar

as piramides imitan
a montaña e o volcan
nun altar teotihuacano
unha ofrenda vexetal
acendo o meu braserito
vai a limpa do copal

lembranza da visita
hai oito dias