21-1-2011

pláticas na outra universidade


universidad de la tierra de chiapas

centro indígena de capacitación integral

acá chegamos para as pláticas dos xoves
sobre os movimentos sobre os camiños

porriba da cidade pegada a unha pobre barriada
e debaixo do bosque e do cerro varios espacios
construidos acá como no medio de dous mundos

a terra é unha infinda universidade
tamen un aberto temario para estudar
como un exame permanente para nos

na platica de onte fomos dos neozapatistas
ate palestina como hai dous anos na digna rabia
os malgobernos os intelectuais as activistas
os nosos presos e mortas os golpeados movimentos