02-2-2011

plural mercado

mediano plural mercado
e non hai moita luz
e menos quixera ter eu
pechar os ollos e camiñar
polos seus pasillos e oler



a guayaba é a froita
que ten o olor mais forte
as papayas os platanitos
os primeiros chico zapotes

o chocolate recen moido
con panela amendoas  e canela
os cafés e as ervas de infusions

camiñar cos ollos pechados
as tortillas os totopos as tlayudas
memelitas e tamales recen feitos

os cacahuates tostados
os queixos e os quesillos
as salsas e os moles

pero tamen o fedor do chan
a miseria e a riqueza outra vez
camiñando xuntas en oaxaca

e os chiles ai os chiles
neste plural mercado
variados e miles de chiles