18-12-2010

uns dias polo anahuac

o altiplano e val do anahuac
coa cidade de mexico fica atrás
iztapalapa tlatelolco coyoacán
ecatepec texcoco atenco chapingo
unhas absorvidas pola cidade monstruo
outros a sua beira resistindo
uns que sairon nas cronicas poeticas
e outras que fican en borradores e na memoria

non atopei a alguns compas e amigas 
o correo e o celular que non conectou
a outros atopeinos nos plantons e nas vilas
e como medran os fillos duns e as netas doutras
e tremenda é a alegria de saber
que os que foron liverados e non vin
contan que aí van camiñando

frustrouse a visita a suljaa e radio
ñumndaa polo estado de guerrero
pero seguimos cara oaxaca

onte bus de segunda df-oaxaca