17-1-2011

a vida da presa

a poucos metros da ribeira 
o pau dunha arbore morta
fai de bo pousadoiro
para un corvo mariño



escoito lonxe
as voces dos pescadores
que traerán boas mojarras

un rebaño de cabras
un can e un pastor
que porta unha escopeta
pero por sorte non se cruzou
no seu camiño nengunha iguana

os cans tamen coidan das barcas
acheganseme e rabiosos ladran
pero un pau ou unha pedra
xa os manten a distancia

xa ven a calor
e a chuvia e o arco da vella
non se deixan ver
por estas terras de jalapa

duas garzas  tres zopilotes
un chingo de zanates
bandadas de patos e limicolas
e nas arbores pequenos paxaros
de vivas cores

pero entre o seco matorral
darredor desta presa
non vin ao correcaminos
como na visita anterior