11-3-2013

as linguas en amoltepec




amoltepec en lingua nahuatl

yucuñama en lingua mixteca
a comunidade do cerro da ñama
ou o amole que é un tubérculo

domingo as oito da mañan
na escola da preparatoria
duas rapazas e un rapaz
reciben aulas de etimoloxía
e eu estou combidado a falar
das linguas da peninsula e o galego
recitar versos na nosa lingua orixinaria
e compartir do seu orixinario mixteco

o libro de etimoloxía grecolatina
ten un listado de linguas romances
pero entre español portugués e catalán 
non aparece o galego

a escola está debaixo dos vellos freixos
e a beira do panteón ou cimeterio
as linguas a vida e a morte

por amoltepec