15-3-2013

o defensor do bosque




de dentro do penal de etla

non teño ningunha imaxe
non poden entrar cámaras
nen movíles nen gorras
nen roupa negra ou escura
e mesmo as miñas chaves
tiveron que ficar fora nunha tenda

a prision rexional de etla
a pesares da sua suciedade
e outras moitas miserias
é bastante humana e dentro puiden
moverme polos patios e pasillos
e nun comedor pedin de xantar
e outro preso fíxome unha torta
ou bocata de quesillo e ovo

que foi dos mellores que teño tomado
e logo das suas entomatadas o pablo
seguía coa mente viaxando ao seu bosque

cando marchaba a funcionaria
ameazoume con non deixarme sair
por non devolver un tiquet
que eu nunca collin

na imaxe pablo exposado
co seu fillo e o seu irmán
ónte dentro do xulgado de etla
onde entrei sen nengun control
mesmo á sá da audiencia
na que os montóns de papeis 
de expedientes case tapaban
computadoras e secretarias
eses papeis que cecais sairan
do bosque que o amigo pablo
e comunidade de s isidro aloapam
na serra norte están defendendo

etla en duas visitas