17-3-2013

os tellados e a calma




gostanme moito os tellados

desde alta cidade do val da jovel
rodeada de tsotsiles montañas

gostanme os tellados e a chuvia
ausente nestes tres altiplanos
nestas poucas semanas

de novo en s cristobal
o camiño de moitos de nós
anahuac oaxaca chiapas

falta a chuvia temense os incendios
e a sociedade está moi encendida
nesta aparente calma

altos de chiapas