17-2-2013

secuencias da viaxe




o larerinto das terminais

os pasillos as escaleiras as rampas
as cintas transportadoras as casetas
as portas as cafeterias as barreiras
as aduanas  as tendas as facturacions
as tarxetas de embarque co pasaporte
o meu boleto turista con restricciones 
vale pues

a viaxe a travesia empeza
muito antes
nos preparativos
as veces cando remata a anterior
tiven que renovar o pasa-porte
caducou como caducou este país
non lembro o debuxo do outro
pero a nova imaxe xa o di todo
e hai novas estampas nos pesos mexicas
que poñen o contraponto pues

na familia de diante na cola
o chamaco está mui mui serio
e outra cativa chora no seu carriño
atopei un papel de vivas cores
e cunhas dobreces agarra algo de vida
e as duas crianças van cos seus nitu-nitus

digolle a un azafato
que sairemos cun pouco de retraso
hay más tiempo que vida
dime este experto en longas travesías

e agora escribo logo do xantar
cun curadiño de agave sobre as nubes
logo virá o sono a merenda
cubrir os papeis de extranxeiro
o visado de turista vale pues
a aterrizaxe mais papeis
e as horas que lle gañamos aol sol

vigo-madrid-cidade de mexico