10-2-2010

de indios verdes a tlatelolco

hai duas cousas
que levaba mui mal neste pais
unha ainda a levo mal
pero como é algo fisico
o corpo se vai acostumando a ela
e xa me chinga menos
esta cousa é o amigo chile
o brutal picante pois

o outro tema penso que o levo mellor
pero as veces se revela
e como non é unha cousa fisica
unhas veces se leva ben
outra mal e outras ainda peor

esta cousa é a impuntualidade
e o descaro con que o levan
duas horas e media agardando
no metro de indios verdes
a unha rapaza a primeira hora da mañan
e tampoco hai resposta do celular e do fixo

cantos metros pasarian neste tempo
cantos metros reais recorreron
os meus ollos buscandoa
primeiro foron centos de persoas
e logo xa eran miles
moitas delas camiñando cara o lugar
onde eu estaba agardando

cantos corpos cantas mulleres pasaron
cantas gafas cantas boinas
pero non ela

cinco paradas de metro de volta
está a chamada praza das tres culturas
a mexica a colonial e a moderna
e os mortos dos mexicas as da conquista
e xs desaparecidxs do 2 de octubre do 68
nunca nos fallan e sempre están aí
ou está a sua longa memoria
para facernos compaña

indios verdes-tlatelolco
cidade de mexico 7-2-10