12-3-2010

mercado chiapaneco

o mercado chiapaneco
unha muller tzotzil vende
pulseiras colgantes morralitos
e a esquerda da sua mesa
nunha caixa de carton
a sua filla xoga con monecos
de plastico da china

outra muller vende blusas
co seu fillo no reboso
que mama cos ollos pechados
un leite de millo e frijoles

noutra esquina do mercado
un home e un neno predican
e parece que poñen a venta
anacos do ceo ou do inferno

s cris de chiapas