05-2-2010

ofrenda por copala

copala é a terra do copal

arbore da que se saca a casca

que se queima nun braserito

como se fose un incienso

e o seu fume empregase

en limpezas e ofrendas

nas terras de mesoamerica



copala terra triqui de oaxaca

outra vez fai a sua triste ofrenda

polos seus cinco novos mortos

polos seus cinco asasinados

no vello conflicto desta rexion

como case todos onde se mistura

o compoñente interno e o externo



por copala unha ofrenda

unha ofrenda polos triquis

polos triquis de copala

unha ofrenda de versos

unha ofrenda

…....



a festa do aniversario

do municipio autonomo de copala

debia ser a finais de xaneiro

hai dous meses convidaronme

pero estas semanas non houbo

comunicación con eles

hai dous meses foi asasinado un rapaz

e para el vai un poema deste caderno



entre montañas 5-2-10