09-2-2010

simbolos da paz

unha rapaza
nun pequeno transporte colectivo
ten trintecinco simbolos da paz
pintados en cada un dos seus deportivos
e camiña con esa palabra
irman pequena ou grande da utopia

trintecinco por dous setenta
setenta cecais os conflictos armados
ou guerras non declaradas que hai
entre os gobernos narcos
paramilitares e guerrillas
un contra outro
dous contra un
unha contra tres
neste pais que chaman mexico

nen guerra que nos mate
nen paz que nos oprima
vella pero non gastada consigna

ecatepec noreste
da cidade de mexico 9-2-10