03-2-2010

as vendedoras da merced

as outras vendedoras da merced



no centro da cidade de mexico

perto do inmenso mercado da merced

hai outro mercado chiquito

entre san pablo e as cruces

onde se venden cousas mui grandes



mulleres mozas vendedoras

que deixan na casa ao seu fillo

e cargan a sua mercancía

cada mañan cada tarde

e co seu sorriso tentan vender

pero moitas veces non sacan nada



vendedoras ambulantes

dunha esquina da merced

golpeadas polos gobernos

organizadas mulleres

con cruces reais nas suas costas

de compañeiras asasinadas

mulleres que venden o seu corpo

traballadoras sexuais

mulleres sexoservidoras

.......



onte estas anonimas compañeiras

que levan vintecinco anos organizadas

tiveron un evento onde falaron

para unhas camaras que non debian

mostrar logo os seus rostros

pero si toda a sua palabra

e neste espacio cantou

sete rolas leon chavez teixeiro

co grupo xs profugxs do manicomio



a cantiga da merced



a guitarra desgraciada

o sombreiro e mais os lentes

o paliacate na perna

pro suor que cae da frente



as guitarras desgraciadas

a cancion dunha muller

baixo cajón e darbuka

o camiño por facer

veciños e mariposas

ai mil novecientos diez

na rua vai muito frio

na esquina está a chover



as mulleres desgraciadas

hoxe non hai pra comer

elas venden tantas gracias

candelaria ti que ves

esta loita vai pra longo

compañeiras da merced



lariño na noite

do 2-2-10