24-8-2019

querida selva e bosque


pequenas lembranzas e reflexións
pensando nos bosques guanches
e nas selvas da amazonía

o indíxena o home da terra
pédelle a árbore permiso
para cortarlle unhas polas
para poder cociñar ou quentarse
e pédelle ao bosque e a selva
unha árbore para facerse unha casa
o home e a muller da terra…

teño convivido cos homes
da montaña do bosque da selva …
teño traballado con eles e elas
e xogado coas súas cativas e chamacos
que tanto gostan subir ás árbores
e teño dormindo nas suas precarias casas
mesmo no leito que che ceden
para deitarse eles no chan

na noite da selva ao indíxena
non se lle ocorre facer unha fogueira
para ter luz e sentarse darredor dela

para platicar e contar historias
abóndalle coa luz das estrelas e da lúa

a amazonía din que é
un dos pulmóns do planeta
e as terras do amazonas
moi mal respiran

lembro o silencio e o fedor
camiñando un bosque despois do lume !
como será o fedor da selva queimada ?

o silencio será inmenso como a selva !

a terra para quen a traballa
é unha consigna que xa non serve !
a terra para quen a respeta
pero a terra non é nosa!!!

un humano