09-2-2014

desde salvaterra a manolo




agarrei o comboio das dúas
e fun con tempo para salvaterra de miño
e na parada de porriño lembrei
un dos primeiros festivais nesta vila
xa en salvaterra saía o sol por portugal
e camiñando de vagariño crucei a ponte
cheguei a monçâo e perdinme entre as murallas
empezóu a chover e voltei seguindo cos ollos
o río que arrastraba taboas vimbios e ramadas
parou o vento e a chuvia e pasei a ponte
de novo en salvaterra subin a fortaleza
e dentro camiñei un pouco so un pouco
que son moitas e vivas as lembranzas
e de novo a chover e non podía ser doutro xeito
que somos fillos e fillas da terra da chuvia

a homenaxe foi outro festival da poesía e da música
dos títeres do humor dos amigos e da resistencia
na entrada as caricaturas de pepe carreiro
o carrabouxo xaquin marín e ignacio hortas
e na sala tocaron os cuncheiros e houbo algún baile
e presentou o leo cos seus desobedientes irmańs
falaron os teus compañeiros de cemsa
e recitaron o daniel o brais e o nolim
cantou o tino baz co mar aberto
para tentar liberar todas as prazas
o àrias curto coa memoria do outro activismo
o gustavo puxo voz ao viale moutinho
e lembrou a marta bos momentos dos festivais

o colectivo xestal xan xico e toniño cantou
ao manuel alegre e ao adriano correia
de oliveira a trova do vento que pasa
há sempre alguém que diz nâo
e tanxarina fixo un pasa-rúas dentro da casa
que onte foi de todas e tamén da cultura
era xa ben entrada a noite e había uns nenos
e cos títeres tamén nos fixeron nenos a nós

cantou a uxía coa sua familia
os cantos da familia galego-portuguesa
e falaron os teus camaradas de nós-up
e neste espacio das nacións sen estado
o son da poesía euskalduna do aranbarri
que tamén recitou na nosa lingua
e eu que tomo pouco tiven que pedir
un copo de likor café para subir as tres
escaleiras para botar os meus versos

o kiko neves recitou fumando o teu pitillo
e falaron os teus compas da sociedade
cultural e deportiva do condado
e lembramos ao carlos estaca
ao toñito das bicicletas

e aos outros finados do festival
e o suso vaamonde tamén presente

o xurxo souto botou bravos cantos
foron os ritmos do país do son da triga
e seguiu liska! co seu ska combativo

na imaxe da crónika imaxinanos a todos e todas
cantando irmaus con estes rapaces e rapazas
a quenlla onte coma hai uns corenta anos
fuxan en salvaterra de miño poesía e música

onte recitei os poemas arrecendo a poesía
e manolo soto poesía xa publicados acá


pipas