25-10-2013

do novo andel




compañeiros xaime e concha andel

non lle gostou nada a urbano lugrís
que vos marcharades coa librería
para a avenida das camelias de beatriz
pero nós si gostamos do novo espacio
e da literaria rúa que dixo o ferrín

o novo andel vaise compoñendo pois
castelao nun lado e rosalía noutra beira
o cabaliño de buxo agarda un cativo
e cada libro novo debe ser unha festa

como nos amosa ben esta imaxe
a vosa rua atrasada coas obras
en obras esta cidade e o país
e seguen mandando os que sobran
...

e hoxe en andel a presentacion do libro
roberto vidal bolaño e o xogo do teatro
con afonso becerra e pepe carreiro
e haberá xogos no noso espacio

www.andelvirtual.com

o cronista