29-12-2012

o paxuriño e a memoria




nunha barriada nova de lavadores

onte as sete e media da tarde
o paxuriño rodeado de libros
ponse a falar a contar historias
el aínda é un papaz de aldea
que coma tantos de nos ía e vai
das parroquias a vigo para mirar cangas
e o paxuriño ten a mirada ben profunda
pero agora ven de compostela a vigo
a mirar e a compartir a memoria

na infancia para nós case todo era grande
moitas cousas estrañas e algunhas maxicas
e conta que aquelas mulleres de negro
que perto do mencer baixaban de chan de brito 
e baixaban do freixo e cruzaban s andrés
para ir ao vello mercado de bouzas
para el eran coma da santa compaña...

antes e despois da contada
falamos dous ratos daqueles anos
do negra sombra do reloxio da caixa de aforros
e da memoria de comesaña de coia e de matamán
dos poetas e das palabras esquecidas e secretas
foi en lavadores na biblioteca xosé neira vilas
aquel rapaz de aldea...

as dez en frío e vento da noite
xa en vigo pasei polo paseo cheo de luces
e cando o negra sombra no gran reloxio sonaba
pesoume a memoria e o presente e senteime
no escuro paseo
a escoitar a melodía
e ollar aos camiñantes
e cantar a letra
baixiño sen molestar a ninguén


seguiremos indo a vigo para mirar cangas
e seguiremos parandonos coa negra sombra
si paxuriño avelino
o corazón a saudade

manolo pipas