20-4-2011

das procesions



como outro entroido
o carnaval do poder
das comparsas ás procesions
da risas e o pracer
ás bagoas e ao sufrimento
pero so hai uns poucos disfraces
entre a penitencia
o medo e a submision

por onde fostes e ides
da man dos conquistadores
ou logo xuntandovos cos poderosos
creastes e creades un monton de infernos
para as persoas as que enganades !
porque non devolvedes o que roubastes
porque non vos quedades con eses infernos ?

o cronista

a procesion atea foi proibida sen razons
na capital do reino do sen sentido
pero as procesions do balon do gran poder
seguen facendo patrias e contrapatrias

na imaxe unha igrexa
que non puido competir
cunha arbore milenaria
na vila de el tule de oaxaca