23-6-2021

sobrevivintes mayas

 


benvida as sobrevivintes mayas


neste tempo do solsticio
primavera pro verán
van chegando polo mar
as sobrevivintes mayas,
elas traen a palabra
dos pobos non conquistados
pero si mui golpeados
por imperio e capital,
esa voz xerminá
se todas nos empeñamos

mais non puido nunha praia
o escuadrón desembarcar,
ao peirao foron baixar
seguen cara a area mollada
e deixarán as pegadas
da america comunal

polo mar cincoenta días 
e noites mui respetables
e con tempo pouco amable
rematóu a travesía,
alcabre acolle a utopía
zapatista comisión
con gaitas e percusión
por europa é abrazada,
e tamén por batucada
poesía e outros sons

moitos corpos pobos cor
moitas bandeiras e faixas
e a voz de abya yala
cinco séculos despois
chega livre e con amor
coa vida da pachamama


un güero