20-8-2013

musica na praza II




o acordeón na praza

que se abre que se pecha
tamén as bocas se abren
e se pechan cando cantan
os dedos en frautas e gaitas
pechan e abren furados
e os ollos das cativas logo
se abrirán un pouco máis

pechase este poema
e fica aberto para vós

lariño