07-3-2012

mujeres de ciudad juarez




Mujeres y compañeras

de hijas de regreso a casa
estar en casa es tan poco
ay lo que ellas reclaman

Ciudad Juárez cruel frontera
las compas asesinadas
unos cuerpos que aparecen
de otras no se sabe nada

Ay Juárez ay Ciudad Juárez
cuantas hijas has perdido
cuantas madres y abuelas
entre el silencio y el grito

Norma Andrade compañera
otra vez balaceada
se levanta y no perdona
las hijas de regreso a casa

Ay Juarez ay Ciudad Juárez
cuantas hijas has perdido
cuantas madres y abuelas
entre el silencio y el grito

diego minas  3-2012

http://nuestrashijasderegreso
acasa.blogspot.com


04-3-2012

do marrucho ao bou eva




deixeivos compas no marrucho

entre charla asamblea e concerto
e crucei a hipocresia da arribada
de baiona con tan mala memoria
pasei á beira da ría e pensei nela

e cheguei a vigo á taberna do bou

os versos de monteferro
entraron pola porta verde do bou eva
aniñaron nos arcos nas mesas na barra
entre as voces do setimo andar
os poemas de porto e os versos
de lois pereiro na voz de malvares
e cantamos con guillerme e bastardo
coma vos cantariades no marrucho

se non tedes sachos traguémolos nós
arados de ferro e ca....

manolo pipas

04-3-2012

monteferro vivo




na noite e no mencer

choveu na ria en monteferro

en monteferro a faixa
a flor nós e os nenos
as apertas as palabras

o camiño colectivo dos afectos

as cinzas voaron como a vida

alá onde durme o sol
pasando monteferro e as cies
camiñante viatge a itaca

as cinzas voaron como a vida


manolo pipas

nunca pensei que voltaria

ao miradouro de monteferro
a recitar uns poemas
e que baixaria outra vez
pero en colectivo
a ese
fermoso rincón da ria

vivo monteferro vivo
homenaxe a xose reigosa


03-3-2012

memoria do bou eva




este pequeno anaco de papel
cunhas poucas palabras escritas
unha minima folla no vento
asi é a nosa vida

bou eva vou coa memoria vou


o porto os peiraos lugares
para a partida e para a chegada
ai estes lugares tamen para a fuxida
a terra a cidade o porto os peiraos

aquel barco debia navegar
cara a buscada liberdade
o barco da necesaria fuxida
do ultimo do derradeiro soño

o bou eva vai pola vida
vai pola vida o bou eva
ai bou eva que aí ven
que ven por ti a barbarie

ai bou eva bou eva
o barco que se convertiu
nunha trampa nunha prision
nun forzado forzado suicidio

polos mortos e a morta do bou eva
estas palabras versos non esquecen
memoria antifranquista memoria
non esquecemos non esquecemos

manolo pipas

texto publicado á mañan e na noite
recitado no centro social bou eva

na imaxe tres folletos dos eventos
do ano 2006 pola memoria



01-3-2012

colectivo recital da porta verde




a porta verde do setimo andar

os q de vian cadernos
e o coral libro pegadas
propoñen un recital poetico
musical colectivo e aberto
este sabado tres de marzo
no centro social bou eva
vigo rua tercio de fora once
as oito e media da noite
e logo a actuacion musical
de guillerme e bastardo

saude e cultura viva

na imaxe a presentacion
de pegadas na cova dos ratos


29-2-2012

o vello reloxio




este vello reloxio

na parede de pedra
segue a porlle palabras
e numeros ao tempo

mide a vida o reloxio
pero no seu circulo
varias horas da tarde
están algo borrosas
aclaranse na noite

este vello reloxio
fabricado en donosti
late agora en lourido
reloxio cantas viaxes
cantas paredes tempos

manolo pipas

a antón e maría
corazons folieiros


27-2-2012

a cantiga do rin rin




Veu ó mundo nun xaneiro

onde a Virxe do Cristal
duas pombas feiticeiras
apousaronlle nas mans
apousaronlle nas mans
ailalelo, ailalelo
ailalelo, ailalá

Este tamborileiriño
con muxicas na mirada
tenche porte de gaiteiro
de folieiro ten a ialma
de folieiro ten a ialma
ailalelo, ailalelo...

Polo cerco de Paraños
ou de Prado ou de Toutón
as gaitiñas quedan orfas
sen o son do seu tambor
sen o son do seu tambor
ailalelo, ailalelo ...

Mestre de tamborileiros
compañeiro de foliada
non nos faltes compañeiro
compañeiriño da ialma
compañeiriño da ialma
ailalelo, ailalelo...

rosa hervella

coplas cantadas no xantar
homenaxe a manolo rin rin

co pasodoble dos folieiros
na imaxe unha caricatura
do tempo dos muxicas

27-2-2012

versos pra un muxicas folieiro




as coplas


muxicas folieiro /co teu tamboril
non perdes o ritmo / manolo rin rin

tambor de madeira / pelexo e baquetas
non paras o ritmo / que o frio xa apreta

de coia pro palco / da festa pra coia
rin rin co seu ritmo / pasacorredoiras

fixemosche trampa / amigo rin rin
xantar e tocada / os dous son por ti

o poema

erase manolo un vello amigo
erase rin rin un muxicas folieiro
un home aparentemente serio
e algo estraño un ourensán de vigo

erase un home a un pelexo pegado
erase un rin rin cunhas baquetas
cun pandeiro ou cunha pandeireta
entre gaitas sempre ben enredado

versos escritos hai duas semanas
para a homenaxe do rin rin
este pasado sabado

na taberna de foliada
polas terras de oliveira
a familia e as amistades
que se funden nunha aperta

e tocou o manoliño
co seu grupo os folieiros
e xuntaronse muxicas
polo afecto ao compañeiro

manolo pipas

25-2-2012

solpor no noso barrio




solpor no noso barrio

estes dias madriña costureira
camiño de figueirido o vello e novo coia
que ollamos desde o campo da canteira
ao fondo os alleos edificios e no medio
perto de nós as nosas raices coas nogueiras 

o afillado

24-2-2012

a familia coma un rio




chegaron hugo mauro mencía zoe

e foi dar un paseo a matriarca
así é a vida dunha familia
no longo rio a auga que pasa
familia correa riobó
bo río que non se para

luz chita e costureira
irmán nai cuñada tia sogra avoa...
e para min a madriña
que agora segues na memoria
luz correa riobó e familia
bo rio solpor e aurora

manolo pipas


Distribuir contido