01-10-2017

versos comunitarioambientais

 


alguns versos das palestras ambientais

na comunidade de montes de coruxo



terra é a palabra
e terra é a carne
escribiu o irmán poeta
irlandés  patrick kavanagh
pero para os outros os darriba
a terra son cartos a terra
é poder a terra é saqueada...

o arcolito é palabra e carne
para os pobos aborixes
de australia e tasmania

a nosa palabra e carne
é o carballo e o castiñeiro...
a nogueira coma algunhas
que dan noces grandotas
e libertarias de tres valvas
como uns triskeis vexetais
que agora che entrego

   .   .   .   .

 

frondoso  o voso documental

do que case non me atrevin a escribir
os ríos atlanticos do norte da península
son ríos curtos e caudalosos
grande caudal de biodiversidade
golpeada  saqueada ameazada...
pero que se pode recuperar


e hoxe na casa coa lembranza

o ibis é unha grandota ave zancuda 

sagrada no antigo exipcio ave da luz

da abundancia dos escribas...

e as escribas e camarógrafos

do colectivo ibis parece

que teñen pernas e pico longo

e unha ollada húmida

profunda e caudalosa


   .   .   .   .

o turreiro da comunidade de montes
de fragoselo-coruxo é unha mesa
de pin-pon baixada ao chan
fáltalle a rede e a pelota
é a palabra das vosas palestras
das imaxes dos videos dos cantos...
a bola é coma unha noz
que vou entregando

do coruxo asociativo
os gremios e os grupos de afinidade
sindicatos mariñeiros e labregos
clubes deportivos banda de música ...
e o golpe de estado dos fascistas
acabou con case todo aquilo
e os seus herdeiros queren agora
manchar de sangue catalunya
ogalla que nunha mesa de pin-pon
xogaran a politica rajoy e puigdemont...

e no final da dictadura
foi nacer o cracc xa o nome
suxire que vai facer ruido
e a sua filla a comunidade
de montes tamen fixo ruido
e coidou a vida e deunos
este calido espacio
mimetizado no monte

e contovos que voaron paxariños

de papel nas mans das cativas

e alguns aniñaron coas noces
nas chiquitas arbores agasalladas
aos compas das palestras



faltan as improvisacions do directo
e foron tamen recitados os poemas
publicados en libros ou neste espacio 
pola defensa dos montes

o rio verde e o cerro

a rotonda e outras loitas

camiñante, a carlos liz


a perico alonso mariam

mariño manuel pedrosa

antía xerardo xistra...


manolo pipas