22-8-2014

mamá áfrica II

 


o baobab como nai

e como avoa da comunidade


mentres ollo esta foto

e outras de vellos baobabs

escoito unhas músicas de áfrica

lembro o debuxo do principiño

e penso no vendedor ambulante

que se me acercou onte!

como entraría el neste continente?

 

o cronista