07-4-2020

notas desta crise mundial 2


no meu barrio hai tempo
que non vemos pasear aos milicos
e agora respiramos algo mellor

o señor que fai de usa unha empresa
o donald segue dando trumppazos
e a súa imcompetencia arrasa o país

o brexit-man boris johnson
foi ingresado nun hospital
e poñenlle ás veces un respirador
europeo francés ou alemán

din as estadísticas que a maioría
dos maiores botaron ao pp-psoe
o que desmantelóu a sanidade
e o que non remedióu case nada
sementa e recollerás

para algúns traballos do campo
onde faltan os seus temporeiros
polo peche das fronteiras
o estado busca operarios
inmigrantes sen papeis

...


o confinado cronista